A Rede Mentoring é un servicio dirixido a Pemes, que o IGAPE puxo en marcha no ano 2008. Ten por obxectivo apoiar a consolidación e o crecemento das empresas galegas brindando o apoio dun mentor- empresario ou profesional con recoñecida traxectoria e amplia experiencia- durante un período de tempo determinado.
A base dun proceso de mentoring é a experiencia do mentor, quen transmite a súa experiencia, o seu facer e os seus coñecementos e pode facilitar contactos á empresa mentorizada. O obxectivo é a mellora do negocio da empresa mentorizada.
O proceso de mentoring concrétase nunha serie de xuntanzas periódicas nas que, unha vez fixado o obxectivo a tratar, o mentor comparte os seus coñecementos, experiencias e recursos para conseguir a mellor solución para a empresa mentorizada.
Trátase dun acordo de duración limitada no tempo: 4 - 5 xornadas de traballo como máximo cunha periodicidade recomendada de 15 días - 1 mes.
O mentoring é unha práctica mediante a cal se adquire un compromiso entre dúas persoas para compartir vivencias, experiencias e visións e contribuir así ao crecemento persoal e profesional do mentorizado.
Baséase na voluntariedade e interese mutuo entre ambas partes, sen remuneración económica aos mentores e sen ningún custo económico para os mentorizados. Garantízase a total confidencialidade.
O proceso de incorporación tanto das empresas como de mentores
O proceso de matching, e dicir, a selección dun mentor adecuado para a empresa.
O proceso de mentoring, que se pode dividir en:
O proceso de peche.
O proceso de avaliación, tanto por parte da empresa como do mentor.
A rede está formada por mentores, empresas mentorizadas e a unidade de xestión.
Actualmente forman parte desta Rede maís de 150 mentores, líderes en xestión e cunha probada capacidade directiva, e máis de 120 empresas recibiron un asesoramento externo cualificado, altruista e confidencial para reforzarse e consolidarse.
A unidade de xestión da Rede, coordinada por Igape, será a encargada de realizar a búsqueda do mentor en función das necesidades estratéxicas da empresa mentorizada e de coordinar as reunións unha vez realizado o emparellamento.